sábado, 3 de mayo de 2014

Experiencia 9: Resumo do tema

Hola!
Xa chegando o fin do noso traballo, decidimos que algo que sería moi útil dentro do xogo, sería engadir textos-resumo do tema levado a cabo.
Para iso decidimos incluir actividades-proposta coa lectura dun resumo do tema e uns exercicios a modo de repaso para os nenos que Harry, o noso hamster, lles mandará facer.

Consideramos que é un bo xeito de facer que os xogadores participen nestas actividades, as cales lles servirán de axuda no seu aprendizaxe ó contribuír a recordar e consolidar conceptos, neste caso sobre o sistema solar. Ademáis, tamén lles axudará a que as preguntas do xogo sean respondidas correctamente.
Con isto concluímos o noso traballo, esperamos que ademais de divertido vos sexa moi útil e vos guste!
Un saúdo a todos!

Experiencia 8: Os sons

Hola!
Despois de organizar todas as imaxes do noso traballo, tocou reflexionar sobre darlle un toque máis "musical", e para iso, decidimos incluir diferentes sons en distintos apartados, dependendo do contexto en que se atopase.
Durante todo o traballo añadimos unha melodía moi relaxante para os nenos xogadores, que ademais de darlle un toque de gracia a aplicación, faina motivadora á hora de xogar.
Ademais da música de fondo que engadimos, tamén incluimos outros sons mais sinxelos e menos duradeiros, para que soen cando unha resposta é acertada correctamente. Aquí vos deixamos algún enlace dos nosos sons!





Moitos de vos, preguntarédesvos como logramos convertir un vídeo de Youtube en son. Pois ben, para isto empregamos a seguinte páxina web. Pareceunos moi útil o seu emprego, ademais de sinxelo!


Convertidor Youtube a mp3

A continuación, cortamos os sons con este programa online, tamén de gran utilidade!

Cortador de mp3 online


Ata pronto cibernautas!

viernes, 2 de mayo de 2014

Experiencia 7: Imaxes

Hola de novo amigos!
Hoxe levamos a cabo a búsqueda das imaxes do noso traballo.
Como xa sabes, o tema do noso xogo trata sobre o sistema solar, polo tanto todas as imaxes son relacionadas con el e cos elementos que o compoñen, incluindo tamén imaxes en movemento (Gifs).












Ademais, non podía faltar unha imaxe do noso Hamster Harry! Son varias, xa que cada unha ten un estado de ánimo diferente, é decir, cando a resposta e correcta, Harry aparece contento, e no caso contrario, triste por non conseguir os seus preciados queixiños!

Tamén se incluiron máis imaxes, por exemplo a dos queixiños, que os xogadores deben de ir conseguindo coas preguntas que acerten a medida que avanzan no xogo.

As imaxes que constitúen o noso traballo son moi animadas e ademais considerámolas adecuadas para o noso traballo porque crean un xogo mais atractivo e animado visualmente.

                                                                            Con isto deixámosvos. Ata moi pronto!







Experiencia 6: As respostas

Hola!
Estando hoxe de volta por aquí, vamos explicar a organización das respostas do xogo.
As preguntas que se formulan, tal como xa explicamos anteriormente noutras entradas, teñen tres opcions posibles de resposta, sendo soamente unha delas a correcta.

No caso de marcar a acertada, conseguimos un queixiño para o noso hámster, e con el o coñecemento propio do sistemas solar. Pero tamén no caso de marcar unha que non é correcta, engadimos enlaces adiccionais, que nos levan a vídeos con información sobre o tema do traballo, para así axudar os xogadores coas preguntas e promover a aprendizaxe significativa.

Ata pronto!

jueves, 1 de mayo de 2014

Experiencia 5: Obxectivos do xogo

Hola de novo!
Tras a búsqueda do material para levar a cabo o noso traballo, vamos a explicar en que consiste o noso xogo.
Trátase dun xogo de preguntas e respostas sobre o sistema solar, guiado pola nosa mascota Harry. O obxectivo principal e conseguir quesitos para o noso hamster mediante o acerto da pregunta que se plantea. É decir, teremos unha pregunta con tres respostas posibles, se a resposta que marcamos é a verdadeira conseguiremos dous queixiños, ou non en caso de ser a resposta fallida.
Neste xogo lévase polo tanto a cabo un aprendizaxe significativo, no que a intención e conseguir os máximos coñecementos sobre o sistema solar.


Ata pronto!

sábado, 26 de abril de 2014

Experiencia 4: Atopado material de traballo interesante!

Nos últimos días estivemos concretando detalles e ideas, así como buscando información e por eso non actualizamos o noso blogdiario pero aquí estamos de volta!

Atopamos material interesante co que traballar e tamén concretamos definitivamente o curso hacia o que estará orientado o traballo: 3º de Primaria.

O primeiro que atopamos foi unha páxina web da NASA con actividades para rapaces que pode resultar interesante para traballar na aula.

Aquí tendes o enlace :

http://spaceplace.nasa.gov/menu/space/sp/

Tamén atopamos recursos en vídeo, coma este que explica dun xeito sinxelo e básico o tema. Podería ser un bo punto de partida ou de reforzo para explicar a materia de Coñecemento do Medio!



Na nosa búsqueda ademais de vídeos e páxinas web, tamén demos con blogs intresantes, coma este, onde atopamos recursos para realizar actividades na clase!

http://elblogdehiara.org/category/3o-primaria/conocimiento-del-medio-3/sistema-solar/


Ata pronto!

martes, 22 de abril de 2014

Experiencia 3: Elección do programa da aplicación

Por fin escollemos o programa onde imos realizar a nosa aplicación educativa!

Vaise tratar de Openoffice Impress, un programa gratuito de presentacións co que se poden realizar traballos coma este.

Incluiremos tamén enlaces que amplíen a información co fin de promover a aprendizaxe significativa e que non se trate dun simple xogo de preguntas e respostas. Tamén temos pensado motivalos nenos dun xeito delicioso para a nosa mascota...

Unha pista: Harry ten moito que ver nesta idea, e a súa afición polos queixiños tamén!


jueves, 17 de abril de 2014

Experiencia 2: A elección dunha mascota da aplicación

A nosa siguiente decisión foi a de incluir unha mascota que guie os nenos a través da aplicación. Decidimos escoller a un hamster ó que chamamos Harry (como podedes observar a dereita das vosas pantallas!).


Él será quen lle informe os nenos das respostas acertadas (e as que non o son tanto) co fin de motivalos e axudarlles no seu proceso de aprendizaxe, ademáis de alonxar as presións que sempre se lle atribúen o mestre...



(http://static.zerochan.net/Hamtaro.%28Character%29.full.1106072.jpg)



Continuará...

domingo, 13 de abril de 2014

Experiencia 1: A elección do tema da app

O noso primeiro paso foi a elección dun tema apropiado e que nos permitise realizar un bo traballo, ou polo menos intentalo!


Logo de consultar o currículo de Primaria e de moito cavilar, decidimos que o noso tema non só debía ser importante, interesante e con conceptos que aprender, se non que se debía prestar a un bo deseño da app: tomamos a decisión de facela sobre o noso Sistema Solar.


A importancia do tema é grande porque os nenos deben coñecer onde se atopan dentro do universo, e ademáis, coñecer o que nos rodea: A vía láctea, os diversos planetas...todo un mundo que explicar e reforzar coa nosa app educativa e ademáis, atractiva á vista!

O que nos está costando máis traballo é nos ocupa parte do tempo e saber en que programa imos a realizala...polo momento non temos unha decisión tomada, estamos barallando algunhas das opcións...


Seguiremos informándovos do noso traballo!



Presentacion do blog

Somos Anabel Ferreirós Gómez e Marta Durán Liñares, dúas alumnas de Grao en Mestre/a de Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela.


Neste blog imos recoller a nosa experiencia persoal coa creación dunha app educativa propia na asignatura Escola, Comunidade e TIC.


Esperamos que vos guste o noso blog!


Un saúdo!