Nos últimos días estivemos concretando detalles e ideas, así como buscando información e por eso non actualizamos o noso blogdiario pero aquí estamos de volta!
Atopamos material interesante co que traballar e tamén concretamos definitivamente o curso hacia o que estará orientado o traballo: 3º de Primaria.
O primeiro que atopamos foi unha páxina web da NASA con actividades para rapaces que pode resultar interesante para traballar na aula.
Aquí tendes o enlace :
http://spaceplace.nasa.gov/menu/space/sp/
Tamén atopamos recursos en vídeo, coma este que explica dun xeito sinxelo e básico o tema. Podería ser un bo punto de partida ou de reforzo para explicar a materia de Coñecemento do Medio!
Na nosa búsqueda ademais de vídeos e páxinas web, tamén demos con blogs intresantes, coma este, onde atopamos recursos para realizar actividades na clase!
http://elblogdehiara.org/category/3o-primaria/conocimiento-del-medio-3/sistema-solar/
Ata pronto!
Blog diario sobre a creación dun material educativo para a asignatura de Escola, Comunidade e TIC de Grao en Mestre/a de Educación Primaria.
sábado, 26 de abril de 2014
martes, 22 de abril de 2014
Experiencia 3: Elección do programa da aplicación
Por fin escollemos o programa onde imos realizar a nosa aplicación educativa!
Vaise tratar de Openoffice Impress, un programa gratuito de presentacións co que se poden realizar traballos coma este.
Incluiremos tamén enlaces que amplíen a información co fin de promover a aprendizaxe significativa e que non se trate dun simple xogo de preguntas e respostas. Tamén temos pensado motivalos nenos dun xeito delicioso para a nosa mascota...
Unha pista: Harry ten moito que ver nesta idea, e a súa afición polos queixiños tamén!

jueves, 17 de abril de 2014
Experiencia 2: A elección dunha mascota da aplicación
A nosa siguiente decisión foi a de incluir unha mascota que guie os nenos a través da aplicación. Decidimos escoller a un hamster ó que chamamos Harry (como podedes observar a dereita das vosas pantallas!).
Él será quen lle informe os nenos das respostas acertadas (e as que non o son tanto) co fin de motivalos e axudarlles no seu proceso de aprendizaxe, ademáis de alonxar as presións que sempre se lle atribúen o mestre...
(http://static.zerochan.net/Hamtaro.%28Character%29.full.1106072.jpg)
Continuará...

domingo, 13 de abril de 2014
Experiencia 1: A elección do tema da app
O noso primeiro paso foi a elección dun tema apropiado e que nos permitise realizar un bo traballo, ou polo menos intentalo!
Logo de consultar o currículo de Primaria e de moito cavilar, decidimos que o noso tema non só debía ser importante, interesante e con conceptos que aprender, se non que se debía prestar a un bo deseño da app: tomamos a decisión de facela sobre o noso Sistema Solar.
A importancia do tema é grande porque os nenos deben coñecer onde se atopan dentro do universo, e ademáis, coñecer o que nos rodea: A vía láctea, os diversos planetas...todo un mundo que explicar e reforzar coa nosa app educativa e ademáis, atractiva á vista!
O que nos está costando máis traballo é nos ocupa parte do tempo e saber en que programa imos a realizala...polo momento non temos unha decisión tomada, estamos barallando algunhas das opcións...
Seguiremos informándovos do noso traballo!

Presentacion do blog
Somos Anabel Ferreirós Gómez e Marta Durán Liñares, dúas alumnas de Grao en Mestre/a de Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela.
Neste blog imos recoller a nosa experiencia persoal coa creación dunha app educativa propia na asignatura Escola, Comunidade e TIC.
Esperamos que vos guste o noso blog!
Un saúdo!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)